O nuncio do papa, Rueda e Garamendi asistirán ao encontro de 200 empresarios católicos en Santiago

Celebrarase este xoves e venres, 11 e 12 de abril.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2024 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O II Encontro de Empresarios, impulsado polo arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, celebrarase este xoves e venres, 11 e 12 de abril, en Compostela. Entre outros asistentes, prevese a presenza do nuncio do papa, Bernardito Auza; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o titular da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi, e o responsable da Conferencia Episcopal, Luís Argüello.

Participarán nestas xornadas uns 200 empresarios, directivos e profesionais que reflexionarán acerca de materias como ética, responsabilidade e ben común. Trátase da segunda cita en Santiago que se celebra deste encontro que tivo a súa primeira edición en 2022.

Na tarde deste xoves, será o recibimento aos asistentes, que participarán ás 19,30 horas na misa do peregrino que se celebra na Catedral, onde gozarán dun concerto antes dunha cea na Hospedaría do Seminario.

Xa o venres, comezará o encontro cun acto protocolario ás 9,30 horas. Nesta xornada impartiranse tres conferencias: o presidente da Academia Pontificia da Vida, monseñor Vicenzo Paglia, falará sobre ética; o conselleiro de Estado e presidente da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, Benigno Pendás, centrarase no ben común; mentres que Jesús Conill, catedrático de Filosofía Moral e Política da Universidade de Valencia, abordará a sustentabilidade.

Os bispos das dioceses galegas, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, e as confederacións provinciais de empresarios tamén asistirán a este II Encontro.

O pasado Encontro de Empresarios Católicos 2021-2022 en Santiago.. ARCEBISPADO DE SANTIAGO
O pasado Encontro de Empresarios Católicos 2021-2022 en Santiago.. ARCEBISPADO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

A volta dos mercaderes ao templo (están no seu dereito).